CURSO 2011/2012


Este último venres celebrámolo Samaín 2011, tamén realizamos unha sesión de animación á lectura, con textos relacionados co Halloween e o Samaín, foi moi divertido, aprendimos moitas cousas e pasámolo moi ben, como novidade este ano case tódolos nenos e nenas nos disfrazmos, ademais fixemos un vídeo que podedes consultar en SAMÁIN
Convócase a 3ª edición do concurso de postais de nadal. O prazo de entrega é o 2 de decembro, a postal gañadora, será a felicitación oficial do centro nestas festas navideñas. Si queres ver as que se fixeron o ano anterior non tes máis que pinchar aquí.
Este pasado xoves, 10 de novembro celebrámolo día do Magosto. Esta festa tan tradicional da nosa provincia, desenvolvémola dun xeito natural, sinxelo e sobre todo moi lúdico. Despois do xantar de magosto ( empanada, pan con chourizo e castañas), saimos ao patio oproveitando unha tregua da choiva, como xa tiñamos a leña preparada e moi sequiña, solamente era prendelo lume. Deixamos de CASTAÑEIRO MAIOR, a D. Eladio, superouse a si mesmo, logo todo foron xogos e momentos de diversión, si queredes saber como o pasamos non tedes máis que ver o vídeo que tedes aquí debaixo.

Este pasado martes, celebramos o Festival " Soños de Nadal" houbo moito público, os nenos dende os máis pequenos ata os máis maiores, estiveron sensacionais. Algún talento teatral veremolo no futuro cecais facendo algunha obra de teatro importante, noraboa a todos e moitas grazas polan colaboración de alumnos, pais e nais e mestres, feliz 2012. si queredes ver un vídeo tedes que pinchar na foro directamente.


Este ano adiantamos o día da Paz, foi esta pasado venres, un día ideal para a realización destas actividades. Houbo a construcción de un precioso arco da vella coas mans de tódolos nenos e nenas, tamén cantamos cancións de paz, e por último estouramos moitos globos cada un deles cargados de moitas mensaxes de paz e amor, si querdes vernos non tedes máis que presionar aquí.

Un ano máis celebrámolo Entroido no noso Colexio, durante a semana mandou o Meco, o venres mandou a creatividade e orixinalidade dos disfraces de cada neno e nena do cole. Coma sempre foi moi divertido e ao final do día nos esperaba un típico xantar destas datas do cal dimos boa conta.

Este xoves 22 de marzo acudimos como xa estaba previsto a unha xuntanza, entre varios colexios da nosa comarca, Vila do Arenteiro, Boborás, Beariz e Nós, fixemos moitas actividades, xogamos ao fútbol, tivemos contacontos, fixemos chapas de recordo e tamén un baile moi de moda. Coma sempre en Boborás nos trataron moi ben , e todos aínda que cansos estamos moi ledos, esperamos que vos gusten os vídeos.


Si queredes saber máis cousas do que fixemos, premede aquí. O xoves 12 de abril visitamos o Pobo Escola de Lodoselo, foi unha moi boa experiencia na que tanto maiores como pequenos aprendimos moitas cousas.

Este martes 24 de abril, tivemos no noso centro a Aline frazao, tivemos un Cacimbo, e tódolos nenos e nenas, saímos moi satisfeitos, viaxaron ata Africa por Angola, Mozambique e Cabo verde O mércores 30 de maio celebrouse no Colexio de O Irixo o Festival das Letras Galegas " A Caixa Máxica " houbo moitas actuacións, teatro, rock, telenovela, concursos fantásticos, lembranzas de Valentín Paz Andrade, etc... A asistencia por parte dos pais foi masiva, cada ano se nos queda máis pequeno o espacio para as celebracións, si pinchades aquí poderedes ver unha mostra de todo o que fixemos. Os Antollos da Margarida, é unha obra moi divertida na que os nenos aprenden unha grande cantidade de valores. Os nenos de Educación Infantil interpretaron  a canción de Rock I Like pizza jummy O mércores 30 de maio celebrouse no Colexio de O Irixo o Festival das Letras Galegas " A Caixa Máxica " entre outras actuacións poidemos disfrutar desta divertida parodia das telenovelas. Actuaron os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de E.P
Os antollos da Margarida, foi representada polos alumnos de 1º,2º e 3º de EP, e unha obra moi divertida na que os nenos e nenas aprenden as valores máis importantes da vida

Os nenos de Educación Infantil, nos deleitaron cunha adaptación dunha canción de Rock moi famosa, o seu atuendo foi espectacular e a súa actuación simplemente espléndida.


Este mércores manda o meco, si non lle fas caso, pasaranche cousas peores


Este martes nos obriga o meco, pobre de aquel que lle faga algún desprezo
     




O luns día13 iniciamos o noso entroido coas mandas do meco, aí o vedes sentadiño, agardando a que todos os nenos e nenas lle fagades moito caso. Lede ben e non esquezades traer algo na cabeza.






Este venres pasado fixemos otra xornada de animación á lectura, enmarcada dentro do Proxecto Lector do Centro. Participaron tódolos nenos e nenas do colexio, os máis pequenos leron cantigas, os nenos e nenas de 1º,2º, e 3º, cantaron a "Pulga e o Piollo", e os maís maiores, interpretaron o conto a ritmo de rap. Noraboa a tódolos nenos e mestres pois foi unah sesión moi divertida, podedes ver o vídeo e rapear con nós.




Este último venres celebramos unha nova sesión conxunta de Animación á Lectura, dirixíuna a profe Mª Jesús, partindo de poesías, e despois dunha lectura comprensiva rematouse coas suxerencias que supuso cada unha destas para os distintos grupos de nenos.





 O último venres deste mes de xaneiro celebramos unha sesión de Animación á lectura, foi dirixida pola profe Carmen e presentounos unha historia moi, moi bonita que podedes ver dende o seguinte enlace.


  Contos Enredados

   O pasado venres fixemos unha nova sesión de animación á lectura. O primeiro conto enredado, foi realizado dunha maneira especial, por dúas mestras que por un día convertíronse en contacontos, que fixeron as ledicias de tódolos nenos e nenas. Despertaron constantemente o sorriso de todos. O que vos mostramos dende esta páxina é o extracto final, no que os nenos do colexio divididos en grupos fixeron os seus Contos Enredados, podédelos ver no enlace. O vídeo que fixemos coa representación podédelo Ver aquí


A MAXIA DAS SOMBRAS

O venres 29 de outubro despois de celebrar o samaín tivemos o noso primeiro
proxecto lector conxunto deste curso. Esta sesión xirou en torno a maxia das sombras. Todos os nenos de infantil e primaria reunímonos no salón de actos para disfrutar dun conto titulado O conto de Sofía
Un espectáculo de sombras
recreaba a historia narrada que escoitabamos acompañada dun suave fondo de música instrumental. Vimos aparecer a Sofía, a protagonista do conto; os monstruos aos que tanto medo lles tiña; a Pipo, o can do seu irmán; un trasno do que se fixo amiga e moitas máis imaxes. Rematado o conto
realizamos outras actividades aproveitando o recurso das sombras. Unha delas consistía en proxectar coas mans sombras e que os demáis nenos as recoñecesen. Despois xogamos a adiviñar de que compañeiro era a sombra que viamos, e por último improvisamos historias con distintos personaxes. Foi unha actividade novidosa, diferente e que gustou moito a todos, desde os mais cativos a os máis maiores.

ANIMACIÓN Á LECTURA


Os nenos de 3º e 4º tódolos días adicamos dez ou quince minutos á lectura. Facémolo sempre ao vir do recreo. Nese ratiño lemos o que máis nos apetece de forma individual. Unha música suave sona e nós... relaxámonos, disfrutamos, aprendemos, viaxamos coa imaxinaxión... span style="color: #38761d; font-family: Times;">Por terceiro  ano consecutivo convocamos o concurso de tarxetas de nadal no que participan todos os nenos e nenas do colexio coa axuda das súas familias. A tarxeta gañadora será a que felicite oficialmente as festas a toda a comunidade educativa.   
               







                                                  
    
                                                               
                                                                       





 
 














 
 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario