SETELÚAS
miércoles, 2 de mayo de 2012
Este martes 24 de abril, tivemos no noso centro a Aline frazao, tivemos un Cacimbo, e tódolos nenos e nenas, saímos moi satisfeitos, viaxaron ata Africa por Angola, Mozambique e Cabo verde
martes, 17 de abril de 2012
VISITAMOS LODOSELO
O xoves 12 de abril visitamos o Pobo Escola de Lodoselo, foi unha moi boa experiencia na que tanto maiores como pequenos aprendimos moitas cousas.
miércoles, 28 de marzo de 2012
viernes, 23 de marzo de 2012
CONVIVENCIA EN BOBORÁS
Este xoves 22 de marzo acudimos como xa estaba previsto a unha xuntanza, entre varios colexios da nosa comarca, Vila do Arenteiro, Boborás, Beariz e Nós, fixemos moitas actividades, xogamos ao fútbol, tivemos contacontos, fixemos chapas de recordo e tamén un baile moi de moda. Coma sempre en Boborás nos trataron moi ben , e todos aínda que cansos estamos moi ledos, esperamos que vos gusten os vídeos.
martes, 28 de febrero de 2012
ABERTO PRAZO MATRÍCULA 2012/ 2013

Dende o día un de marzo de 2012 ata o 10 de abril estará aberto o prazo de preinscripción de reserva de praza para o vindeiro curso escolar 2012-2013. Os formularios de inscripción poderanse descargar directamente dende aquí ou personalemente na Secretaría do Centro.
lunes, 20 de febrero de 2012
ENTROIDO 2012
Un ano máis celebrámolo Entroido no noso Colexio, durante a semana mandou o Meco, o venres mandou a creatividade e orixinalidade dos disfraces de cada neno e nena do cole. Coma sempre foi moi divertido e ao final do día nos esperaba un típico xantar destas datas do cal dimos boa conta.
domingo, 29 de enero de 2012
DÍA DA PAZ 2012
Este ano adiantamos o día da Paz, foi esta pasado venres, un día ideal para a realización destas actividades. Houbo a construcción de un precioso arco da vella coas mans de tódolos nenos e nenas, tamén cantamos cancións de paz, e por último estouramos moitos globos cada un deles cargados de moitas mensaxes de paz e amor, si querdes vernos non tedes máis que presionar aquí.
viernes, 16 de diciembre de 2011
SOÑOS NADAL 2011
Este pasado martes, celebramos o Festival " Soños de Nadal" houbo moito público, os nenos dende os máis pequenos ata os máis maiores, estiveron sensacionais. Algún talento teatral veremolo no futuro cecais facendo algunha obra de teatro importante, noraboa a todos e moitas grazas polan colaboración de alumnos, pais e nais e mestres, feliz 2012. si queredes ver un vídeo tedes que pinchar na foro directamente.
viernes, 2 de diciembre de 2011
GAÑADOR/ A DO CONCURSO DE POSTAIS
A gañadora do 3º concurso de postais de nadal do Colexio de O Irixo, foi a alumna de 5º curso de Educación Primaria Tania González, destacou o xurado a parte da calidade da producción, a mensaxe de paz e solidariedade que emana da tarxeta, onde dalgún xeito aprecen reflectidos todas e todos, os nenos do Cole.
NORABOA TANIA por ser a gañadora, e tamén noraboa a tódolos participantes, incluidos os pais.
sábado, 12 de noviembre de 2011
MAGOSTO 2011
Este pasado xoves, 10 de novembro celebrámolo día do Magosto. Esta festa tan tradicional da nosa provincia, desenvolvémola dun xeito natural, sinxelo e sobre todo moi lúdico. Despois do xantar de magosto ( empanada, pan con chourizo e castañas), saimos ao patio oproveitando unha tregua da choiva, como xa tiñamos a leña preparada e moi sequiña, solamente era prendelo lume. Deixamos de CASTAÑEIRO MAIOR, a D. Eladio, superouse a si mesmo, logo todo foron xogos e momentos de diversión, si queredes saber como o pasamos non tedes máis que ver o vídeo que tedes aquí debaixo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)