CURSO 2010/2011

SAMAÍN
DÍA DA PAZ
O 30 de xaneiro celébrase o Día escolar da Paz e non violencia. Nós celebrámolo este ano o venres 28 de xaneiro coa elaboración de dous murais que representaban dúas pombas da paz que os máis pequenos decoraron con distintos materiais. O fondo dos murais realizárono os maiores do cole recortando dos xornais novas que fixeran referencia a sucesos ou acontecementos positivos. O longo da semana tamén se fixeron outros traballos relacionados con esta celebración. No seguinte vídeo podedes ver o traballo realizado o venres.

CORRELINGUA 2011
O día nove de maio, acudimos ao correlingua ( actividade realizada en defensa do noso idioma, o galego) desenvolveuse no Carballiño. Estivemos máis de dous mil nenos de tódolos colexios da comarca. Foi un día festivo moi bonito. Os máis pequenos tivemos unha actividade de Títeres e Monecreques. Os máis maiores, que estivemos na praza vermella, tivemos un espectáculo de maxia e tamén un concerto de Rock. O ano que ven, volveremos, xa que todo o que sexa defender o noso idioma, sempre será algo positivo. Que viva o galego .






FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2011
O noso Retallos, invitounos á celebración do Festival das Letras Galegas, houbo teatro, cancións( "twist, twist, twist". Don Melitón), actividades en inglés ( The King´s new clothes), despedidas( Diego, Miguel e Dª Milagros), etc.... os pais e nais acompañáronnos como sempre, disfrutaron como nunca, viron un desfile de moda impresionante. Sempre é unha ledicia ver aos fillos actuar. Como neste colexio somos moi pouquiños, actuamos moitas veces tódolos nenos e nenas. No enlace que tedes mási arriba podedes consultar os vídeos que gravamos, algúns non están moi ben pero seguro que sodes quen de entendelo.
XUBILACIÓN MILAGROS
Como xa viñamos anunciando, este ano xubílase Dona Milagros e fixémoslle unha homenaxe como se merece.

GRAZAS A TODOS
Non deixedes de ver este video que adico a todos os nenos e nenas do cole. Con todo o agarimo do mundo da vosa profe Yolanda.

FACENDO GALLETAS
Antes de rematar o curso adicamos unha mañá á repostería. Co permiso de Mª Carmen os nenos de 3º e 4º "invadimos" a cociña e puxémonos mans á masa. Pasámolo moi ben, aprendemos moito e o mellor de todo: as galletas estaban boísimas! Aquí vos deixamos algunhas fotos para que vexades.

EXCURSIÓN FINAL DE CURSO
O 21 de xuño tivemos a nosa excursión de fin de curso. Fixémola a O Grove. Visitamos o acuario, unha fábrica de salazón, comimos na Toxa, fomos en catamarán pola ría de Arousa, vimos unha batea, golfiños.... e por último estivemos na praia de Silgar en Sanxenxo. Foi xenial! Aquí podedes ver as fotos.


ENTROIDO 2011


FESTIVAL DE NADAL 2010

Un ano máis celebrámolo Nadal no noso colexio, este ano chamámoslle Nadal Musical, durante estas vacacións iremos colocando no blog a maioría das actuacións, esperamos que vos guste moito. Feliz Nadal e próspero 2011.