CURSO 2012-2013



A última saída lúdico-cultural deste curso fixémola ao Ecoparque multiaventura de  Marín, os nenos foron por varias horas uns intrépidos aventureiros e  a todos lle quedaron moitísimas gañas de volver

Este barco Pirata, levounos a tódolos confíns do mundo
     O xoves 30 de maio de 2013, celebrámolo noso Festival das Letras Galegas " SOMOS PIRATAS", foi un día moi excitante para tódolos alumnos, mestres e pais, en breves días poderedes ir vendo todo o que alí fixemos, esperamos que vos gostara






O Contacontos Anxo Moure, visitounos a través do consorcio Editorial Galego, e contounos con moita ledicia  o Conto do Carballo con Botas, esta sesión de animación á lectura foi moi interesante para tódolos alumnos do colexio.





     O día 21 de marzo celebramos a V convivencia de EDL da comarca do Carballiño no CEIP Virxe Pena da Sela do Irixo.
     Este ano participaron os seguintes centros: 


            CEIP Virxe da Pena da Sela do Irixo
            CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás
            CEIP Eulogio Gómez Franqueira de San Amaro.

    Pásamolo xenial, tanto o alumnado como o profesorado, en parte grazas a excelente acollida dos anfitrións que este ano foron os membros da comunidade educativa do CEIP Virxe Pena da Sela. Tamén é de agradecer o bo comportamento de todo o alumnado participante nesta xornada de convivencia, na que ademais de compartir experiencias en prol do galego fomos quen de establar novas relacións de amizade que se verán continuadas en próximos eventos deportivos e culturais que realizaremos na comarca do Carballiño. Si queredes saber máis do que aconteceu premede aquí

O día 8 de febreiro saímos as rúas do pobo para celebrar o Entroido, disfrazaronse nenos e maiores, visitamos o Concello a Farmacia, e a Residencia de Maiores, os nenos viñeron moi cargados con caramelos e outros doces que lles diron polo camiño tódalas as xentos do pobo, comprobádeo clicando aquí

O día 1 de febreiro celebramos no Colexio o día da Paz e da non violencia, fixemos moitas actividades, entre elas a elaboración duns colares, tamén tivemos unha pequena representación teatral e xa por último pegamos o tren da esperanza, na que colaboraron tódolos nenos e nenas do colexio, podedes ver as imaxes no seguinte enlace



 Aquí podedes ver o ben que o pasaron os nenos do Colexio na saída que tivemos o día 18 de xaneiro


Este pasado xoves, os nenos do colexio de O Irixo, participaron na Final Comarcal de Campo a Través. Na categoría de Alevín Feminina, Claudia de 3º curso acadou unha valiosa 3ª posición que lle valeu conseguir unha medalla de bronce, noraboa a ela e a tódolos nenos que participaron na competición, si queredes ter máis información do que alí aconteceu podedes, ir dende este enlace. Tamén hai máis información e vídeos que podedes visualizar dende aquí

 
                                                                                                                                                                       O pasado xoves 20 de decembro celebramos o tradicional Festival de Nadal, esta vez estaba baseado na historia de Dickens, "UN CONTO DE NADAL". Foron aparecendo en escena as distintas pantasmas do pasado, presente e futuro. En cada unha delas se desenvolve unha historia divertida, cargada de dramatización e sobre todo moita música.  Dende este espazo iremos expoñendo as distintas actuacións que se sucederon, e poderedes ir observando as  distintas obras, así como os grandes esforzos que mestres e alumnos fixeron para que o desenvolvemento deste evento fose o máis agradable posible para tódolos espectadores,  si queredes  saber máis cousas do que aconteceu solamente deberedes premer en CONTO DE NADAL

 Esta é a postal gañadora do 4º concurso de postais navideñas convocado polo Colexio de O Irixo, noraboa a gañadora, e tamén a tódolos participantes. Si queredes ver o resto das postais premede aquí




     Este derradeiro venres do mes de Novembro, celebramos unha actividade de animación á lectura. Participaron todos os nenos do Colexio. A actividade consiste en facer unha proposta de lectura a través dun "LECTAURANTE", si queres ter máis información pincha aquí.



O martes 20 de novembro tivemos a sorte de ser o cole que inaugurou o programa "NUNCA SEN ALMORZO" en colaboración coa Consellería de Sanidade. Estiveron presentes o delegado do goberno e algúns pais. Despois dunha breve charla informativa onde se nos falou da importancia do almorzo pasamos ó mellor: "á parte práctica". No comedor do cole esperábanos un completo almorzo a base de froita, pan, embutido, leite, cereais, iogures, aceite de oliva...


 Despois do aprazamento da Semana anterior, por fín esta semana puidémolo disfrutar, tivemos bo tempo e non faltaron o lume e as castañas, foi unha tarde moi divertida, música, baile, e xogos tradicionais.



     Un ano máis celebramos no Colexio de O Irixo a actividade do Samaín e do Halloween. Houbo elaboración de cabazas, cada ano máis orixinais, houbo día de disfraces, que foi o mércores 31, e ademais elaborouse un menú de sobremesa moi divertido. Xa para rematar tivemos unha sesión de animación á lectura, realizadas por Mar e por Carmen, as titoras de EP, moi lúdico e "terrorífico". Xa para rematar a xornada festiva,  houbo música coa cal non pararon de bailar todos os nenos e nenas. "Ameazamos" con seguir celebrando esta festa en vindeiros anos

Os nenos de EI no taller de reciclaxe

Xa estamos de volta e empezamos as nosas actividades culturais realizando un obradoiro de recilaxe. Dende o Concello de O Irixo nos invitaron e alí acudimos con tódolos alumnos do Colexio. Recortamos, pegamos, vimos uns vídeos, fixemos actividades de reciclaxe e sobre todo aprendimos o que se debe facer e como non o que non se debe facer co lixo que xeneramos. Podedes ver máis imaxes dende aquí

No hay comentarios:

Publicar un comentario