CURSO 2014-2015




pincha aquí


O día 18 de xuño fixemos a excursión final de curso, desplazámonos ata a vila mariñeira de O Grove, Alí subimos a un  catamarán da empresa Pelegrín, tratáronnos moi ben, a travesía foi boa e ademaisacompañounos unha familia de Golfiños que fixeron a delicia de tódolos nenos.

   
O dez de xuño celebramos o Festival de Primavera, esta vez estivo adicado ao TERROR, esparamos que o pasárades terrorificamente ben, si queredes ver os vídeos das actuacións tes que pinchar aquí 

 Un ano máis os alumnos e alumnas do Colexio de O Irixo, participamos no torneo de 
Ver máis
Xogando ao Atletismo nas categorías Benxamín e Alevín. Había moitos Colexios participantes e nas dúas categorías acadamos un meritorio segundo posto, solamente superados por A Uceira na Categoría Benxamín e por Cea na categoría Alevín. Dende aquí queremos felicitar a tódolos participantes nas probas pero sobre todo aos nenos do Irixo que souberon competir y respetar a tódolos rivais. Noraboa a todos.


ver fotos
     Os nenos e nenas de 6º curso de EP estiveron o día 18 de maio na Festa de Final de Curso organizada polo diario La Región de Ourense, alí conviviron con máis de 1200 alumnos de outros 46 centros de toda a provincia. Foi un lugar ideal para a convivencia, unha das actividades que máis lle gustou aos alumnos foi o SPa así como a actividade denominada "jumping". Sin duda unha grande experiencia que permanecerá para sempre nas súas memorias.

    
     Este é o vídeo que presentaremos ao concurso de Imaxe dos EDNL da Comarca do Carballiño. Un "galego" moribundo en mans do "Castelán" que está máis preto de morrer que de sobrevivir é rescatado en última instancia por unha enfermeira perseverante. A historia remata ben, pero, volverá a recaer?

     O pasado luns estivo entre nós Mª José unha amante dos vermes de seda en particular e da natureza en xeral, expicoulle a tódolos nenos do Colexio cal é proceso de desenvolvemento dos vermes, ata se transformar en lindas bolboretas. Trouxo unha pequena exposición de fíos e de téas de seda que os nenos puideron tocar, tamén puideron tocar os casulos de diferentes variedades. Traballaron os nenos coas texturas e moitas máis sensacións a través do tacto. Foi unha actividade moi didáctica, na que os nenos e nenas aprenderon un sinfín de cousas. Tódalas imaxes podédelas ver aquí.



  
 O pasado luns vinte de abril visitou o nos colexio o actual presidente da audiencia provincial de Ourense D. Antonio Piña Alonso, para falar  cos nosos alumnos de 4º, 5º e 6º de EP sobre a responsabilidade que temos como cidadáns e as consecuencias non sempre positivas que traen os malos comportamentos. Foi unha charla moi especial na que os nenos e nenas non perderon detalle e finalizada a disertación non pararon de facer preguntas ás cuales D.Antonio lles fixo tódalas aclaracións.

Aquí tedes máis información da actividade podedes consultar: tódalas fotos do evento
Fotografía 

     

 Este pasado dezaoito de marzo visitamos a Casa do Patrón situada no pobo de Doade na Comarca do Deza e moi preto do Concellod o Irixo. Alí Carmen, Luís e Lola fixeron que os nosos alumnos estivesen moi atentos a tódalas informacións que eles ían transmitindo. Fixemos varios obradoiros, destacando o do Pan e o do barro, así como a novidade de xantar fora do noso comedor e facelo no restaurante que teñen habilitado para este tipo de eventos. Foi un día  moi divertido pero cargado de moita pedagoxía. Neste enlace podedes ver unha morea de fotos.



María gañadora na categoría Alevín Feminino
O cadro de honra na categoría  ALEVÍN FEMININO, foi o seguinte:


1ª María Trigás  ( Irixo)
2ª Noa casas ( Calvo S.)

3ª Paula Fariñas (Vila)
si pinchades aquí teredes moitísima máis información
    

     O venres 13 de febreiro, celebramos un ano máis o día do Entroido, durante toda a semana os nenos participaron ata convertirse en piratas, o ultimo día cada neno veu ao colexio co disfraz que el mesmo elixíu. Descobre aquí como se disfrazou cada quen.
Este terceiro día de Entroido seguimos convertíndonos en Piratas

Claudia Colás e Lucía López
    
 Este ano ímonos convertir en Piratas día a día. Xa imos polo segundo. Pódense ver a tódolos nenos pulsando en imaxes.
Ylenia e Lucía Bernárdez


Grupo 2 de Resolución de Conflictos
O día da Paz estivo centrado na Resolución de Conflictos, podedes ampliar a información dende DÍA DA PAZ 2015

Noraboa as dúas alumnas do Colexio que obtiveron a clasificación para participar na Final Provincial de Campo a Través que se celebrou en Ribadavia o pasado 31 de xaneiro. Obtiveron unha clasificación moi honrosa quedando Claudia Cayetano Ferradás en 21ª posición e Claudia Colás Chirou en 41º.. Podedes ver máis imaxes do evento premendo este clic. Os datos das clasificación da carreira do Puzo do Lago pódense ver aquí. Si queres ter máis información consulta o seguinte enlace.
Claudia Colás Chirou
Claudia Cayetano Ferradás
Actuación final do Festival de Nadal
Este xoves dezaoito realizamos o Festival de Nadal e como tódolos anos a asistencia dos pais foi masiva, e as actuacións dos nenos impresionantes, felicitar ás mestras que cada ano melloran o anterior. Nos vindeiro días poremos os vídeos do Festival, pero si queres ver algunhas fotos non tes máis que pinchar no seguinte enlace. Dende hoxe xa podedes ver o vídeo de UN NADAL MOI ESPECIALNADAL NO FONDO DO MARJINGLE BELL ROCKVIAXE NO TEMPONOITE DE PAZ E CADA DÍA MELLOR E MELLORTEATRIÑO DOS NÚMEROS E CUCÚ TRAS-TRASESTILO INGLÉSTHE FIRST NOEL, e xa por último, VEN A MIÑA CASA.
Papá Noël na sala de mestres despois de aterrizar
Un ano máis visitounos Papá Noël para a ledicia de tódolos nenos e nenas do Colexio, veu cargadiño de regalos e marchouse de vacío. Comentounos que estaba moi ledo pois vira a uns rapaces moi bos que ían a estudar moito durante todo o ano 2015. Si non nos credes non tedes máis que mirar as fotos que lle fixemos.

Postal gañadora 6º Concurso 
     O xurado do 6º Concurso de Postais Navideñas resolveu e concedeu a postal gañadora a que tedes máis abaixo. Tamén podedes consultar o resto de postais no seguinte enlace.



     Este mércores 12 de novembro realizamos unha nova actividade chamada RECREOS SAUDABLES na que intentamos inculcar aos nosos nenos unha serie de hábitos tanto de alimentación como de realización de exercicio e hixiene. Aquí podedes ver toda a información.






Este ano cambiamos as tradicionais cabazas por outras moito máis modernas, todas elas están expostas no taboleiro que temos na entrada do Colexio. Tódalas fotos dos nenos disfrazados máis da sesión de animación á lectura podédelas ver aquí, tamén podes ver a exposición de cabazas que fixemos no seguinte vídeo



Este pasado mércores 22 de outubro realizamos a 1ª saída cultural do curso 2014 - 2015 tedes máis información premendo aquí ou na foto de abaixo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario