CURSO 2013-2014

EXCURSIÓN  FINAL DE CURSO


No monte de Sta. Trega
Este ano visitamos a mariñeira vila de A Guarda na provincia de Pontevedra, a preciosidade do monte de Santa Tegra contrastou coa falta de visibilidade a consecuencia da néboa que tanto frío daba e as vistas tapaba.
Aínda así os nenos bañáronse todo o que quiseron e máis, diusfrutaron coma enanos e tamén se cansaron xa que non pararon en todo o día. As fotos da actividade podédelas descargar aquí.


FESTIVAL LETRAS GALEGAS: EVOLUCIÓN


Momento da actuación final


     Este pasado xoves celebramos un ano máis o Festival das Letras Galegas, nesta edición titulámolo "EVOLUCIÓN", xa que a través das distintas etapas da Prehistoria e da Historia realizamos unha longa e variada retahila de actividades tanto musicais como teatrais. O máis importante e que nenos e mestres estiveron unha vez máis á altura das circunstancias. Os pais viron aos seus fillos como se desenvolveron nos escenarios, igual no futuro temos algún artista famoso. Si queredes ver as fotos do evento premede aquí. Xa podedes consultar os vídeos na páxina EVOLUCIÓN.

XOGANDO AO ATLETISMO

Xogando ao atletismo 2014


     O 21 de maio participamos no pavillón do Paco Chao na derradeira competición deportiva do curso 2013/2014: Xogando ao atletismo.



ACTIVIDADE DEPORTIVA: MINIBALONMÁN



Na mañá do 30 de abril participamos na Competición de MINIBALONMÁN, organizada pola Agrupación Deportiva Arenteiro, foi unha mañá moi especial na que convivimos con cinco centros máis. Toda a información pódese ver aquí








A DIETA DO QUIXOTE


     
Este xoves 10 de abril, tivemos unha nova sesión de animación á lectura, a dieta do Quixote, esta sesión foi realizada pola compañía Limiar Teatro. Tedes máis información aquí.






BIÓLOGOS POR UN DÍA
Explicacións iniciais a cargo de Diana

     Hoxe os nenos de 5º e 6º de EP fixeron uns ensaios biolóxicos que nos permiten avaliar o grado de contaminación dos solos, isto foi posible grazas ao CSIC e tamén ao IIAG  (Instituto de Investigaciones Agrobiológicas de Galicia)  con sede en Santiago de Compostela, si queredes ter máis información podédela atopar aquí






VISITAMOS MARCELLE


Este martes 1 de abril realizamos a segunda saída cultural deste curso, esta vez tocoulle a Marcelle un sitio encantador polo que se pode ver, facer e polo trato que reciben alí os nenos. Si queredes ver máis fotos preme 


PRANTANDO ÁRBORES



     Este pasado mércores 26 de marzo, realizamos unha plantación de árbores no patio do Colexio, aquí tedes moita máis información.

CONVIVENCIA ESCOLAR


VI convivencia de EDL en Boborás: "Coa máxia do galego"

                                             
 O martes, 25 de merzo, tivo lugar no  centro de Boborás  a VIª convivencia de EDL da comarca do Carballiño, coa participación dos seguintes colexios: CEIP Nosa Sra de Xuvencos; CEIP de Beariz; CEIP Virxe da Pena da Sela do Irixo e CEIP Eulogio Gomez Franqueira de San Amaro.
Durante toda a xornada estivemos acompañados do prestixioso pallaso Tanito, que co seu espectáculo "Sonrisas Máxicas" se encargou de dinamizar a convivencia e de facernos pasar uns momentos inolvidables.



                                                                                                                   






 


















     O martes, 25 de merzo, tivo lugar no  centro de Boborás  a VIª convivencia de EDL da comarca do Carballiño, coa participación dos seguintes colexios: CEIP Nosa Sra de Xuvencos; CEIP de Beariz; CEIP Virxe da Pena da Sela do Irixo e CEIP Eulogio Gomez Franqueira de San Amaro.
     Durante toda a xornada estivemos acompañados do prestixioso pallaso Tanito, que co seu espectáculo "Sonrisas Máxicas" se encargou de dinamizar a convivencia e de facernos pasar uns momentos inolvidables
     Pola mañá, o alumnado de máis idade participou nos diferentes encontros de fútbol salaque tiveron lugar no pavillón do Concello de Boborás.
Está é unha das actividades deportivas que ten máis éxito entre todo o alumnado dos diferentes centros, tanto feminino como masculino. A pesar do carácter non competitivo que se lle confire a esta actividade, todos queren participar nos diferentes partidos que se programan, aínda que só sexan uns poucos minutos...
Para coñecer os resultados dos diferentes partidos premede aquí
e se queredes ver tódalas fotos do evento







CAMPIONATO BADMINTON


Fotografía
Os tres mosqueteros triunfaron no Bádminton

O martes 11 de marzo participamos na final comarcal de bádminton da comarca do Carballiño organizado pola Agrupación deportiva Arenteiro e coodinada por Cristina Eisermann Chamoso nas magníficas instalacións do IES nº 1 do Carballiño. Ver máis


ENTROIDO


 


     Como tódolos anos o MECO Entroideiro nos manda vir vestidos de distintas maneiras, e este próximo luns deberemos vir con nos dí o carteliño.


DÍA DA PAZ



     Un ano máis celebrámolo día da Paz e da Non Violencia, fixemos moitísimas actividades, algunha lectura, unha canción moi fermosa baseada nunha poesía de Gloria Fuertes "SOLO CON TRES LETRAS" e tamén unha versión moi bailable de VIVA LA VIDA de Carlos Santana, todas estas actividades irán aparecendo na páxina propia do Día da Paz 


ACTIVIDADE DEPORTIVA


Unha ampla vista do Irixo( tradición e modernidade)

Esta é a nosa quinta saída no que vai de curso, sen dúbida o tempo foi o noso grande aliado, aínda que vai moito frío, nos permite camiñar e facer unha Andaina moi saudable, a esta chamámoslle a Ruta do Wolframio, xa que, pasamos polas antigas minas deste mineral, hoxe están en estado de restauració.

FESTIVAL DE NADAL

     Este xoves dezanove de decembro celebraremos o tradicional Festival de Nadal, este como tódolos anos virá cargado de moitas panxoliñas, música e teatro moi divertido, quedades todos convidados, e lembrade empezaremos as 14:30.

Esta foi a primeira actuación da tarde, realizada polos alumnos de Educación Infantil



CONCURSOS


POSTAL GAÑADORA DO 5º CONCURSO
















     Un ano máis celebramos o Concurso de Postais de Nadal, e xa vai pola 5ª edición, o gañador verá como a súa tarxeta postal felicita a tódolos membros da comunidade educativa. Tamén estos días os nenos do Colexio andiveron debuxando " O Meu Colecos persoanaxes dos Bolechas

LUNA VIAXEIRA


Si pinchades aquí poderedes ver a última sesión de animación á lectura "FONCHITO Y LA LUNA"
Portada do libro realizada polos alumnos


NUNCA SEN ALMORZO


     O pasado martes 19 de novembro, tivemos por segundo ano consecutivo, e en colaboración coa Consellería de Sanidade o denominado NUNCA SEN ALMORZO, a actividade consiste en darlle aos nenos o almorzo, e ademais a pais e alumnos informalos da adopción de hábitos saudables
Pais e Nais invitados ao almorzo no colexio

VISITA Á CASA DO QUEIXO
   O pasado mércores 13 de novembro de 2013 realizamos a primeira Saída Cultural do presente curso, estivemos na Casa do Queixo, coñecimos novos animais, a darlle de comer, a facer queixo ou a saber como se fai o liño
   
 Un ano máis no Colexio de O Irixo, e este ano coincidindo coa propia fecha do San Martiño, celebramos a festa do Magosto, onde os Xogos, a Música e sobre todo as Castañas no lume, fixeron as delicias de tódolos nenos e mestres

CELEBRÁMOLO MAGOSTO



TEMPO DE SAMAÍN

Unha vez máis celebramos o Samaín, unha festividade que ano a ano vai gañando en  popularidade e no noso Colexio é un momento de ledicia e diversión.
 Tamén os alumnos de 4º, 5º e 6º fixeron os recitados de:
  MIS BRUXA
para ser unha bruxa preciosa debes cheirar sempre a allo. Ter a cara verdosa e os pelos de estropallo MISTER BRUXO
para ser un bruxo ben guapo debes levar sombreiro de pico nunca cambiar de zapato e peitearse co rabo dun mico

INICIO DE CURSO 2013-2014

Seguimos a manter un importante número de alumnos que fai que dende o Claustro de mestres  se reforce o noso compromiso e interese pola formación integral dos nosos alumnos. Es ano ao igual que noutros anteriores temos unha batería de actividades que pouco a pouco iremos desgranando. Pero o máis inmediato que teremos será o vindeiro día 30 de outubro a celebración do Samaín/ Halloween. Haberá disfraces, animación a lectura e algunha que outra sorpresa.
Cabaza adornada do curso anterior

No hay comentarios:

Publicar un comentario