domingo, 13 de noviembre de 2022

I xornada de RCP

 Este xoves, 10 de novembro, o alumnado do centro desfrutou da primeira das sesións que compoñen a I Xornada de RCP (a segunda sesión será o mércores, 16 de novembro) que se leva a cabo no colexio dentro do Plan Proxecta Mobilidade Sostible e Segura. Queremos agradecerlle a Javier Cid, xerente de Ambulancias Sil, que nos cedera unha ambulancia medicalizada, a Diego Blanco e Elena Portabales, técnicos de emerxencias sanitarias, que dedicaran a mañá de maneira altruísta a explicarlle ao alumnado os pormenores da labor tan importante que realizan. Así mesmo, queremos darlle as grazas moi especialmente a Ana María Giraldo Ramírez, médica de urxencias do Hospital de Verín, e nai de dous alumnos do colexio, Lois e Tiago, por asistir á actividade e por facela posible propoñéndoa e implicándose na súa organización.

Facendo clic na imaxe pódese ver un vídeo con fotos da xornada.



lunes, 5 de septiembre de 2022

Reunións de comezo de curso

Este martes, día 6 de setembro, celebraremos as reunións de comezo de curso. O horario será o seguinte:

Infantil e 1º e 2º de educación primaria: ás 16:00 h.
3º, 4º, 5º e 6º de primaria: ás 17:00 h.


Prégase que se use máscara durante as reunións xa que asistiremos moitas persoas que estaremos xuntas nun espazo pechado.