"SETELÚAS". CEIP VIRXE DA PENA DA SELA
viernes, 8 de abril de 2022
Vacacións de Semana Santa
lunes, 17 de enero de 2022
Reserva de praza no instituto
Está aberto o prazo para que o alumnado de sexto de primaria reserve praza no instituto ata o 8 de febreiro.
Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opcións descritas a continuación na seguinte ligazón:
Cubrir a solicitude informaticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá entrara seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro.Cubrir a solicitude informaticamente e asinala en Sede Electrónica:
Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para elo deberá premer na icona verde que se atopa arriba a dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que ten que indicar os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá firmar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de firma remate correctamente.
IMPORTANTE: Debe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia o anexo I bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, ultima páxina da solicitude que pode visualiar e descargar nesta aplicación).
Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro:
Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.
lunes, 20 de diciembre de 2021
viernes, 17 de diciembre de 2021
Programa de man do festival
O próximo luns celebraremos o festival de Nadal do colexio. Proxectaremos as obras que gravamos nas aulas e publicaremos os vídeos na páxina web e nos blogs para que as familias poidades velos nas vosas casas.
jueves, 25 de noviembre de 2021
domingo, 14 de noviembre de 2021
viernes, 29 de octubre de 2021
domingo, 24 de octubre de 2021
viernes, 22 de octubre de 2021
Premio festival MICE
O colexio ganou o premio do público na sección estatal do festival MICE de Valencia coa curtametraxe La tempestad. Parabéns para Alejandro, Antía, Ariane, Brais, Johanyelis, Lara, Lucía, Marta, Noelia, Sebas e Yanira polo seu magnífico traballo, que foi recompensado con este merecido galardón. A nosa curta competía con películas gravadas en colexios de todo España, polo que estamos moi orgullosos do que conseguiron grazas ao seu esforzo, ilusión e amor polo cine e o teatro.
viernes, 8 de octubre de 2021
Días non lectivos
A orde do 19 de maio de 2021, pola que se aprobou o calendario escolar para o curso 2021/22, establece que o Día do Ensino, que se celebra o luns, 11 de outubro, sexa non lectivo. Así mesmo, o martes 12 tampouco haberá clases por ser un día festivo nacional. O mércores 13 retomaremos a actividade lectiva habitual. Moitas grazas. Boa ponte!