Hoxe celebramos a xornada de convivencia e fomento do galego en San Amaro con varios colexios da comarca (Irixo, Beariz e San Amaro). Aquí podedes ver unha das actividades que fixemos. Ao longo dos vindeiros días iremos publicando o resto das actividades realizadas neste día.
Posted by CEIP Xuvencos Boborás on Miércoles, 16 de marzo de 2016
Este dezaseis de marzo celebramos como tódolos anos ( e xa van oito edicións) a Convivencia intercentros, por primeira vez no Colexio de San Amaro, un centro que nos acolleu a todos cos brazos abertos e onde pasamos un día estupendo. Houbo para o máis pequenos unha sesión de Contacontos realizado pola actriz Nati que fixo as marabillas dos alumnos, ao mesmo tempo estivemos xogando ao fútbol-Sala e houbo varias competicións simultaneas, unha na categoría Alevín e outra na categoría Benxamín ambas as dúas mixtas. Despois dun multitudinario xantar foi o mago TETO que nos deleitou con numerosos trucos de maxia que fixeron abrir máis dunha boca entre os asistentes. Se queredes ver as fotos do evento premede aquí. |
O Mago TETO fixo rir aos nenos coa súa maxia |
No hay comentarios:
Publicar un comentario