lunes, 30 de marzo de 2020

Axudas de comedor

A Consellería de Educación acaba de publicar no Diario Oficial de Galicia unha orde con axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar. Poderán ser beneficiarias destas compensacións as familias do alumnado que teña a condición de comensal gratuito ou pagador dun euro (o alumnado que teña que pagar máis dun euro diario polo servizo de comedor non ten dereito a percibir esta axuda). O prazo de solicitude das axudas empezará o 31 de marzo e rematará o 6 de abril.

As solicitudes deberán tramitalas as familias por vía electrónica no portal da Xunta de Galicia (
a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal). Porén, no caso de que estas non dispoñan de medios para facelo poden poñerse en contacto co director do colexio neste correo: ceip.penadasela@edu.xunta.es. Non obstante, a dirección do centro porase en contacto telefónico con todas aquelas familias que poidan optar á axuda antes de que remate o prazo de solicitude, para evitar que algunha poida perder o dereito a recibila.

Enlace á orde do 27 de marzo de 2020.

No hay comentarios:

Publicar un comentario