martes, 14 de abril de 2020

Aboamento axudas comedor

A Consellería de Educación comezará a pagar este martes 14 de abril as axudas a través das cales aboará os menús dos comedores escolares ás familias que teñen dereito a elas mentres estean suspendidas as clases presenciais.
Neste primeiro pago correspondente a 14 días lectivos o importe das axudas vai dende 35 euros (14 euros para quen pagara un euro diario polo menú) para as familias cun fillo ata 70 euros (ou 28) para os que teñan dous.
As familias que solicitaran esta axuda e non a reciban ao longo desta semana que se poñan en contacto con dirección a través do correo electrónico do centro (ceip.penadasela@edu.xunta.es) ou por teléfono chamando ou enviando unha mensaxe ao número persoal do director.

No hay comentarios:

Publicar un comentario