domingo, 14 de junio de 2020

Campaña de doazóns para a protectora

Actualización: pregamos a colaboración de toda a comunidade educativa do colexio para que esta campaña sexa tan exitosa coma todas as anteriores de recollida de penso. Levamos anos colaborando con Proanimales Carballiño. Este ano non podemos recadar penso para a protectora polo confinamento debido á propagación do coronavirus, e queremos compensalo recadando diñeiro para axudar aos animais que Proanimales Carballiño ten en residencias. Acabamos de crear un grupo en Teaming para facelo. É unha ferramenta que permite recadar fondos para causas sociais a través de doazóns mensuais dun euro. Estas contribucións pódense desgravar ao facer a declaración da renda, de maneira que de cada catro euros entregados dedúcense tres, un 75 %. Este é o enlace:

https://www.teaming.net/oirixoprotexeaosanimais

Información sobre Teaming:

https://www.teaming.net/que-es-teaming


https://faqs.teaming.net/es/como-obtener-un-certificado-de-donaciones-teaming-espana/

No hay comentarios:

Publicar un comentario