jueves, 3 de noviembre de 2016

SAMAÍN NO IRIXO

      Cada ano que pasa, celébrase con máis interés a festa do Samaín e tamén do Halloween, aos nenos gústalle moito disfrazarse e non tendo medo a nada, enfróntanse cara a cara coa "morte". No Colexio fixeron un montón de actividades, coordinadas polo mestree de Inglés ( Álvaro ), 1º e 2º ciclo ( Ana ) e educación infantil ( Mª Jesús). Houbo outros mestres que tamén colaboraron para que a celebración fose un éxito. As receitas foron deboradas, as calabazas estiveron insuperables, e a película final, fixo de broche de ouro para un día inesquezible nas vidas dos nosos alumnos. Tódalas actividades podédelas de ver clicando no muñequiño. Tamén podedes ver as fotos que realizou Ana, a nosa mestra de música.

Muñequiño

No hay comentarios:

Publicar un comentario