Este martes 30 de xaneiro, día que ademais conmemorávamos o día da Paz, tivemos a visita dos amigos da TV e da Radio Galega. Houbo dúas entradas en directo no programa a Revista e ademais tivemos a gran sorte de que o afamado programa de Alfonso Pardo fose gravado integramente no noso Salón de Actos e será emitido próximamente o venres 16 de febreiro a partires das 21:00h Vivir en Igualdade.
Pinchando na imaxe iredes á páxina web da CRTVG e alí buscando na revista do día 30 de xaneiro poderedes ver as imaxes dos nosos alumnos, tamén podedes buscar a primeira conexión, é no minuto 13' 27'' e a segunda conexión máis longa é dende o minuto 32'
No hay comentarios:
Publicar un comentario