jueves, 2 de septiembre de 2021

Reunións de comezo de curso

A evolución da situación sanitaria provocada pola pandemia impide, ao igual que o ano pasado, que celebremos a habitual reunión conxunta de comezo de curso á que asistía toda a comunidade educativa do colexio. Polo tanto, volveremos facer unha reunión por cada grupo de clase nos seguintes horarios:
  • 4º e 5º de infantil (3 e 4 anos): o luns 6, ás 16:00 h.
  • 6º de infantil (5 anos): o martes 7, ás 16:00 h.
  • 1º e 2º de primaria: o martes 7, ás 17:30 h.
  • 3º e 4º de primaria: o luns 6, ás 17:30 h.
  • 5º e 6º de primaria: o mércores 8, ás 16:00 h.
As xuntanzas faranse respectando as medidas de seguridade establecidas polo centro e a Xunta de Galicia, polo que pregamos que só asista unha persoa por cada compoñente do alumnado, que se use máscara en todos os espazos do centro, que se respecte a distancia de seguridade de 1,5 m entre todas as persoas, que se hixienicen as mans cos dispensadores de xel hidro-alcohólico na entrada do colexio, e que non se formen grupos de persoas no exterior do centro nin antes nin despois das reunións.
Moitas grazas pola vosa colaboración.




No hay comentarios:

Publicar un comentario