miércoles, 18 de noviembre de 2020

Adquisición de máscaras

A Consellería de Educación realizará unha achega para que os centros poidamos adquirir máscaras para o alumnado matriculado en educación primaria. As máscaras distribuiranse entre o alumnado pertencente a familias cunha renda per cápita igual ou inferior ao limiar de 6.000 €, que foi o limiar de referencia no curso 2020/21 para ter dereito á axuda para adquirir material escolar. Polo tanto, será beneficiario das máscaras, directamente, o alumnado que resultou beneficiario das axudas de material escolar e, logo de solicitude e comprobación da renda per cápita da unidade familiar, o resto do alumnado que non foi beneficiario por diferentes circunstancias, sempre que reúna o requisito.

Alumnado destinatario:
O alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial que:
1. Fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar.
2. Non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:
a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar. 

Presentación de solicitudes:
1. Só deberán presentar solicitude os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado que non presentou solicitude de material escolar en tempo e forma ou resultou excluída. No caso de alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, presentará a solicitude a persoa titular da dirección do centro de menores ou a persoa coa que conviva en acollemento familiar.
2. A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2020/21; se están admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros.
3. As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro docente onde estea matriculado o alumno utilizando o formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Este formulario de solicitude (anexo I) tamén estará dispoñible:
a) No centro docente.

b) No portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.gal.

Prazo para presentar solicitudes:
O prazo para presentar as solicitudes rematará o 27 de novembro.
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais
membros computables da unidade familiar.
En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou
convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario