A presentación das solicitudes no colexio farase con cita previa. Pódese solicitar nos seguintes teléfonos: 988287411 e 618904879.
A convocatoria do fondo solidario de libros de texto e das axudas para material esolar é para o alumnado que estará matriculado en educación primaria durante o próximo curso escolar.
O prazo para presentar as solicitudes
rematará o día 19 de xuño de 2020 (incluído). A solicitude será única para todos
os fillos. Se estivesen admitidos en centros docentes distintos, presentarase
unha solicitude en cada un dos centros, na cal se incluirán os admitidos nese
centro para o curso 2020/21. No caso de que a solicitude se tramite por vía
electrónica empregando a aplicación Fondolibros, será necesaria a presentación
dunha solicitude por cada alumno/a. As
solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario
normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros
(https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta
de Galicia: https://sede.xunta.gal.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes
presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e
rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo
común.
Documentación complementaria necesaria para tramitar o
procedemento
1. As persoas interesadas deberán achegar a seguinte documentación:
a) Anexos I e II (comprobación de datos dos membros computables
da unidade familiar).
b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde
figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.
En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a
sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia
do/da menor.
Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros
computables utilizando algún dos seguintes medios:
1º. Certificado ou volante de convivencia.
2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do
concello onde resida a familia.
Nos casos especiais, en que a composición da unidade
familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un
certificado ou volante de convivencia onde deberán figurar o/a alumno/a e todos
os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais
do concello que acredite a situación familiar.
c) Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou de
calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de
Galicia.
d) Documentación xustificativa da situación de violencia de
xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei
11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da
violencia de xénero.
e) Resolución xudicial de incapacitación con patria
potestade prorrogada ou rehabilitada.
f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da
situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o
alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou
informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a
familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e
NIE.
No hay comentarios:
Publicar un comentario