martes, 6 de octubre de 2020

Comunicado

O centro foi informado onte, luns 5 de outubro, dun caso positivo por COVID-19 no colexio. Seguindo as directrices marcadas polas Consellerías de Educación e Sanidade, tanto as autoridades sanitarias como o persoal do centro puxémonos en contacto con todas as familias afectadas. O único alumnado afectado polo contaxio é o que a Consellería estimou que debe facer corentena pola súa proximidade na aula, no comedor ou no transporte escolar, á persoa contaxiada. O resto do alumnado continuará acudindo ao colexio con normalidade.

Animamos a calquera persoa que teña algunha dúbida ao respecto a que se poña en contacto co director ou coa coordinadora do equipo COVID do centro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario