Estimadas familias:
O próximo luns, 12 de outubro, non haberá clases por ser un día festivo nacional. Por outra banda, este ano o Día do Ensino celebrarase o 7 de decembro, e non o 30 de outubro, que si é lectivo.
Entre as medidas implementadas no colexio para reducir o risco de contaxio por COVID-19 figura o establecemento de dúas quendas no comedor, de luns a xoves. A quenda do alumnado de infantil comeza ás 12:40 e remata ás 13:30, mentres que o alumnado de primaria utiliza o servizo de comedor de 13:40 a 14:20.
Moitas grazas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario